> Nas garras do inimigo <
Coido qeu é probabel que mañá consiga traballo de comercial. De todos os empregos que pensei, non quería ser nin camareiro, nin albanel, nin comercial.
Pero necesito cartos.
¶
2006-02-07, 22:18 | 7 comentarios |
> Optimista <
É divertido ir deixando por aquí unha certa parte de min, agora estou en racha optimista e só boto de menos ter máis cartos na miña vida, polo demáis e curioso como algúns simples xestos e algúns simples piropos fan que a vida de un se altere compretamente.
De repente todo o que me preocupaba desaparece como por arte de maxia. As veces hasta creo que o meu primo Harry P. decidiu axudarme un anaquiño.
¶
2005-07-22, 20:32 | 11 comentarios |
> O que non pode ser non pode ser, e ademáis é imposible <
Dame unha certa xenreira non ser quen me gustaría ser, hai en min certas limitacións que impiden que consiga determinadas cousas que quero, e cando iso sucede atácame un cabreo fruto da impotencia. Frústrame non ter os medios para acadalo, que o necesario sexa algo que me é físicamente imposible por muito que me esforce.
Cando o que non acado é ser un bo xogador de baloncesto non pasa nada. Cando o que non acado é algo moitísimo máis importante... corro o risco de volver a caer nos comprexos que cría abandoados cando pasei a pubertade.
Sí, ten as súas compensacións, non o nego, o non conseguir ser algo fai que o teu caracter evolucione doutro xeito, e que acades outras cousas ¡Pero hai cousas que son tan frustrantes!
¶
2005-06-16, 19:38 | 10 comentarios |
> Xogar con lume <
Acabo de dicidir que vou xogar con lume coa esperanza de non queimarme, cousa pouco probable tendo en conta a miña torpeza natural.
Ás veces é necesario.
¶
2005-06-14, 21:30 | 4 comentarios |
> Xenreira <
É bastante doado deixarse levar pola xenreira cando nos sentimos agredidos, pero atopo máis racional reaccionar con dúas preguntas ¿Por qué? e ¿Agora qué?
A ver se atopo respostas.
¶
2005-06-13, 09:37 | 5 comentarios |
> Por unha educación tecnolóxica <
Mañá venres, 3 de Xuño, terá lugar unha manifestación contra o proxecto de lei educativa que elimina a asignatura de Tecnoloxía da ensinanza secundaria.
A xuntanza terá lugar na praza do Toural (Santiago de Compostela) ás seis da tarde.
Máis información sobre a xuntanza no blog de <a href="http://apetega.bloxus.com/" title="http://apetega.bloxus.com/" target="_blank">APETEGA</a> e máis información da campaña contra a eliminación da ensinanza de tecnoloxía na web de <a href="http://www.sialatecnologia.org/" title="http://www.sialatecnologia.org/" target="_blank">http://www.sialatecnologia.org/</a>
Inclúo a continuación unha interesante explicación que ven coa nota de prensa que me adxuntaron:
<div align="center"><strong><font size=3>¿POR QUE SE ENSINA TECNOLOXÍA?</font></strong></div>
A coñecida coma 3ª Lei de Arthur C. Clarke prognostica que calquera Ciencia e Tecnoloxía suficientemente avanzada é indistinguible da maxia; é dicir, convértese nun coñecemento pechado, non democrático, accesible só a unha élite dirixente que pode impoñelo ó resto dos cidadáns ignorantes. Pero pola contra o coñecemento tecnocientífico aínda que rigoroso ten que ser aberto e participativo, igual ca sociedade democrática na que se desenvolve. ¿Como se resolve este aparente paradoxo?. Coa educación universal aberta a toda a cidadanía.
Dende hai varios séculos a Tecnociencia é unha das pedras angulares do coñecemento humano, tanto teórico coma aplicado, e polo tanto é básica para entender a nosa cultura e participar na nosa sociedade. Nembargantes nalgunhas sociedades tradicionalmente máis pechadas (e polo tanto menos democráticas) obviouse esta rama do coñecemento outorgándoselle só un papel moi secundario na concepción da Cultura desexable para toda a poboación.
A área de Tecnoloxía foi creada como materia obrigatoria e troncal na Educación Secundaria no ano 1990 coa promulgación da LOGSE, recoñecendo así as autoridades educativas a importancia básica que ten na nosa cultura o coñecemento tecnolóxico. Ademais recoñeceuse axeitadamente que a metodoloxía de traballo propia do coñecemento tecnolóxico éa do método de proxectos, caracterizada por combinar a adquisición de coñecementos teóricos e formais co seu uso práctico na resolución de problemas técnicos.
Co método de proxectos pode lograrse que na educación formal:
<font face="Times New Roman">- </font>O alumnado teña máis participación no proceso de ensinanza- aprendizaxe.
<font face="Times New Roman">- </font>Se aprenda a traballar en grupo.
<font face="Times New Roman">- </font>Se reduzan as diferencias de xénero, invertendo roles tradicionais.
<font face="Times New Roman">- </font>Se fomente a autoestima das e dos estudiantes ó deseñar e construír solucións prácticas e funcionais.
<div align="center"><strong>PERO, ¿QUE SE ENSINA EN TECNOLOXÍA?</strong></div>
Os contidos da área son numerosos, diversos e ampliables como corresponde ós procesos tecnolóxicos reais. Os principais na ESO son:
- Materiais de uso técnico.
- Expresión gráfica.
- Estructuras e mecanismos.
- Electricidade e electrónica.
- Tecnoloxías da información e da comunicación.
- A enerxía.
- Control e robótica.
- Tecnoloxía e sociedade.
Todos estes contidos trabállanse na aula en completa relación, púes toda tecnoloxía apóiase nas demais.
Os proxectos e materiais desta exposición son unha pequena mostra dos contidos que día a día centos de profesores e alumnos traballan nas súas aulas-taller. O obxectivo da mesma é dar a coñecer estes contidos e esta realidade educativa, e demandar un maior respecto e interese por esta área de ensinanza da sociedade en xeral e das autoridades educativas en particular.
¶
2005-06-02, 13:08 | 5 comentarios |
> Non sei si... <
Dentro dun mes me plantexarei realmente o exilio, pero tampouco se dentro de dous días me sentirei francés.
¶
2005-05-27, 15:13 | 4 comentarios |
> Vergoña <
Ás veces dame unha certa vergoña ver o tipo de alcaldes que os cidadáns queren para sí. Se non hai moito caéuseme a cara ó chan ó ver que algúns veciños re-elexían a un alcalde condeado por acosar nenas (seguro que os mesmos que piden intervir internet para evitar a pornografía) agora non podo menos que alucinar co feito de que dez alcaldes digan que non van oficiar bodas homosexuais, dous deles defenden incluso que non permitirán que as oficie ningún concelleiro.
Deberían cambiar o xuramento 'Prometo cumprir e facer cumprir as leis, pero só ata donde me saia dos collóns'
¶
2005-04-28, 12:44 | 4 comentarios |
> Axuda por unha boa causa <
Esta moza
é unha amiga
e ademáis está nun programa de tv de esos en que á xente nomínana e bótana, pero non é un reallity show senon un programa de talentos humorísticos: O rei da comedia.
E non merece deixalo, de feito sería unha putada.
Así que envía un SMS ó 5885 có texto 'rei elena' para salvala. Vaime interés persoal niso, por que é amiga e porque si segue gañando pasta sableareille algunhas ceas (esa sería a putada, off course)
¶
2004-02-11, 01:00 | 10 comentarios |
> Kdd en Santiago <
Blogs & Beers Santiago: Sábado 29, 20 horas Iacobus nuevo (praza roxa)
Asistentes: Varios centos de persoas de Galiza e alrededores, algúns desos centos por confirmar...
¶
2003-11-22, 04:50 | 6 comentarios |
> Nunca Mais <
Orixinal multilingüe nesta páxina
Ás 15:15 do 13 de novembro de 2002 o petroleiro "Prestige", que navegaba fronte ás costas de Galiza, lanzaba un S.O.S. alertando das súas grandes dificultades. Á deriva durante seis días, acabou por afundir orixinando unha catástrofe ecolóxica e social sen precedentes na nosa historia.
Un ano despois seguimos á espera de que demitan os cargos públicos que coas súas decisións inapropriadas convertiron o accidente nunha traxedia para un país.
Este blog non esquece aos culpaveis da desfeita nin comparte o discurso triunfalista das autoridades, e é consciente de que desde o governo aínda non se tomou ningunha medida que poida evitar que algo así volva producirse no futuro.
Seguiremos exigiendo responsabilidades.
Nunca Máis
"E tal día fixo un ano". Adóitase dicir así para encomendar ao esquecemento os acontecementos aos que lles damos unha importancia desmesurada. Imaxino que ao longo destes trescentos sesenta e cinco días os políticos involucrados no desastre do Prestige repetiron tal dito coa esperanza de acadar para a súa responsabilidade un agocho seguro.
E esta semana cúmprese o primeiro cabodano deste suceso, un dos máis tráxicos da nosa historia, que eles fixeron dar en inesquecible coa súa incompetencia e coa súa soberbia. Mal sería para nós se fose cumprido o desexo que o seu negro corazón agacha de non sabermos tirar aprendizaxe e experiencia deste asunto.
Agora sabemos que non temos "estadiño", que a súa autonomía e o seu estatuto son un xeito máis de nos ter sometidos e de anular a nosa capacidade de decisión e de reacción: ninguén faga nada que isto lévase desde Madrid, parece ser que dixo alguén con moito mando. Que marchen a cazar, insistiu. E os de aquí (que son os mesmos que os de aló) foron obedientes a corcear, como diría Fole, que paga "elcortinglés".
Pero tamén aprendimos que non temos estado. Que aquel ao que pertencemos por imperativo legal tampouco valía para nada que non fose andar co barco de enriba para embaixo ciscando merda coma quen caga nun ventilador. Mentres uns cazaban e os outros ollaban para outro sitio asubiando ao aire.
Daquela soubemos de vez que o noso só terá saída se somos quen de coller o futuro nas nosas mans. Que é coas nosas mans espidas co único instrumento que contamos para sermos alguén. Que nada podemos agardar duns políticos mentireiros e falsarios que nin se atrevían a vir, porque ademais son covardes e estúpidos.
E comprobamos con tristeza pero con orgullo como soaban máis de duascentas mil voces a coro no Obradoiro; como se unían as mans dos nenos e nenas galegos para encadear esta traxedia cun futuro máis esperanzador... Como medraba a indignación mentres se descubría a indignidade que os cobre e cubrirá. Como as fiestras e balcóns se enchían de berros en branco e negro, mentres o seu corazón remoía odio e rancor ao contemplar que non aparecía por ningún lado a resignación e a submisión con que eles contaban.
E así aprendizaxe tras aprendizaxe fomos construído unha experiencia nova, que é tanto coma dicir ter un novo coñecemento da realidade que nos achegue un pouco a nos facermos donos do noso futuro. A dicirlles que non podemos confiar en ninguén máis que en nós mesmos, porque nos demostraron que nos desprezan tanto que son capaces, como demostraron, de nos insultar e blasfemar impunemente. Dicirlles que sabemos que eles no fondo saben como de grande foi e é o noso sufrimento, pero ignoran qué grande é agora o nos coñecemento. Fixéronnos un gran dano, pero outorgáronnos podermos albiscar o camiño da sabedoría: os sabios son libres.
Tamén nos deixaron un rosario de tristes palabras: "hilillos de plastilina", "fuel que se convertirá en adoquín", "solo sabemos que no sabemos"... E outras perolas das que só quero destacar unha máis: "perros que ladran por las esquinas", porque na Costa da Morte dise que os cans que ladran nas vésperas do Nadal fano para dar o aviso de que chegan os esbirros de Herodes para degolar aos inocentes.
Haberá quen me diga que non albisca tales aprendizaxes na realidade de hoxe, pero quero dicirlle a quen así o pense, que as mudanzas que se obran nos corazóns tardan en se manifestar na sociedade. Por iso me atrevo agora a dicir que hai un ano que comezou para moitísimos galegos un tempo novo e, coa súa forza, xa NUNCA MÁIS será nada coma antes.
Xabier P. Docampo
Novembro 2003
Idea: Martin Pawley Web: IaRRoVaWo'S CReaTioNS Texto: Xabier P. Docampo Traducción: Martin Pawley
¶
2003-11-13, 23:39 | 2 comentarios |
> Prestige: Un ano despois. <
Esta historia está copiada literalmente do blog de Martin Pawley
Póñoa aquí porque suscribo totalmente todo o que él di, pero engado que recomendo lela no orixinal xa que a acompaña dunha máis que axeitada colección fotográfica e unha cómoda sesión de enlaces.
A miña aportación a esclarecer o sucedido na traxedia queda posto aquí. Blog que xa está abandoado porque creo sinceramente que non hai moito máis que dicir, as responsabilidades penáis están por contar, as políticas parecen que quedaron (mal) pagadas tras as eleccións municipais e non vin nada mais do que lin dende o abandono do blog que axudase a clarificar o que se produxo naqueles días e a calidade das decisións que se tomaron.
Déixovos xa có texto de href="http://pawley.blogalia.com" title="http://pawley.blogalia.com" target="_blank">Martin Pawley
O afundimento, visto por Xurxo Lobato
O 19 de novembro de 2002 afundía o petroleiro Prestige desencadeando unha das maiores catástrofes ecolóxicas da historia. Durante seis días o vetusto e fráxil barco fora paseado pola costa galega nun exemplo de insensatez moi proprio dunhas autoridades que en ningún momento entenderon as dimensións da traxedia que se nos vinha a todos enriba. Para daquela toneladas e toneladas de chapapote empezaban a chegar até nós, invadindo sen piedade kilómetros e kilómetros de litoral, praias e rochas. O noso prestixioso líder, o Fragasaurio, tomou nese momento unha decisión que nos revela o seu fondo compromiso coa Galiza: foise de caza a Aranjuez.
Desde o governo tan só recebemos desprezo. As frases ditas neses días por uns (ir)responsaveis ou outros poden formar parte de calquera antoloxía do disparate. "La rápida intervención de las autoridades españolas, alejando el barco de las costas, hace que no temamos una catástrofe ecológica", dixo o ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, tres días antes de que o Prestige partise en dous. Horas despois, o conselheiro galego de Pesca, Enrique López Veiga, afirmaba que "no puede hablarse de marea negra, sólo de un vertido de fuel". En efecto, non foi unha maré negra. Foron meia ducia, polo menos.
Ao cabo dunha semana o incendiario delegado do goberno na Galiza, Arsenio Fernández de Mesa, aportaba á historia unha frase que faría feliz a Lewis Carroll: "Hay una cifra clara, y es que la cantidad que se ha vertido no se sabe". Nin el nin ningún dos outros demitiu, como saberán. Nese momento a desfeita era xa evidente, imposível de ser ignorada nin sequera polos noticieiros das televisións públicas, mergulhadas até o pescozo no maior exercicio de manipulación que se lembra en anos.
O estado falhounos a todos os galegos, desapareceu xusto no momento no que precisabamos del. E a Galiza púxose en marcha. Miles de persoas lanzáronse a limpar o chapapote ao tempo que todos os trabalhadores do mar adicaban os seus esforzos a vixiar o percorrido das xigantescas bolsas de fuel e a evitar que novos vertidos chegasen á terra. Mentres a administración seguía perdida, os cidadáns organizáronse con envexável coordinación tendo en conta a absoluta falta de meios. Foron xornadas heroicas. Pronto empezaron tamén as mobilizacións. A primeira, en Santiago, o 1 de decembro, nunha xornada épica de chuvias intensas que non impediron a presenza de douscentos mil galegos na praza do Obradoiro, o corazón do noso país. Naceu o "Nunca Máis", berro que se convertiu en símbolo dun povo en pé, que colga orgulhoso a bandeira nas xanelas de infinidade de fogares.
Foi a primeira, pero non sería a única. Dez días despois, cento cincuenta mil persoas manifestábanse en Vigo esixindo solucións urxentes. Na Corunha, o 9 de febreiro, outros cen mil cidadáns botámonos á rúa noutra protesta para a historia, coa fin de dicirlhe ao governo que os galegos non nos resignamos a que a única alternativa que se nos oferece sexa a emigración. O seguinte paso foi tomar Madrid. Na madrugada do 23 de febreiro arredor de mil autobuses saían de Galiza cara a capital de España; moitos miles máis de galegos desprazáronse nos seus proprios coches. De manhá a capital estaba invadida de xeito pacífico e festivo por meio milhón de persoas. Tratouse en todos os casos de manifestacións sen incidentes, cargadas de bon humor e de ironía. Alí onde a outros sáelhes a violencia, aos galegos sáenos sempre o humor.
Cal foi a resposta do governo ás nosas lexítimas reivindicacións? Pois, en primeiro lugar, o insulto. O presidente Aznar dixo de todos nós que eramos "agitadores del resentimiento, que ladran su rencor por las esquinas". Somos "perros que ladran", en terminoloxía de evidente resonancia nazi. O Fragasaurio diría logo que andabamos "enchendo Galicia de merda". Intentaron botar lixo riba da Plataforma Nunca Máis insinuando que empregaba irregularmente as doazóns que estaba recibindo. Fracasaron no seu intento. Cando por fin as autoridades se decidiron a actuar xa era demasiado tarde e perderan a pouca credibilidade que lhes quedaba. O "Plan Galicia" anunciaba inversións multimilhonarias en infra-estruturas (algunhas delas elementais) das que o noso país aínda carece, pero non estabelece ningún tipo de prazos nin especifica partidas presupuestarias concretas. Tratábase, mais unha vez, de pura propaganda. Mentres tanto, seguían sen tomar medida algunha que poida evitar traxedias coma esta no futuro, de tal xeito que a día de hoxe disponhemos basicamente dos meios que tinhamos hai un ano para paliar unha situación así: é dicir, case ningún.
Seguen a nos dicir que tomaron as melhores decisións posiveis e que volverían facer exactamente o mesmo. Que nada melhor que afastar o barco da costa porque así tocounos un pouco (de chapapote) a todos, como dixo onte sen arroxear coa vergonha o impresentável conselheiro López Veiga. Calquera galego de ben debe sentir arrepíos ao escoitar iso. Estamos vendidos. Mentres eles sigan a nos governar todo isto pode suceder de novo. Non aprenderon desta traxedia, que non é nin moito menos a primeira que vivimos, e parece ser que non aprenderán. Para eles, as praias sempre estarán esplendorosas e aparentemente limpas, malia que ao longo de todo este verán non deixase nin un só día de chegar fuel en bolinhas a toda a costa do Cantábrico. Aínda hai rochas cubertas de fuel e os fondos marinhos atópanse nun estado nada tranquilizador, segundo din grupos ecoloxistas e algúns organismos oficiais. Os mesmos que afirman que a costa tardará dez anos en recuperarse e que se perdeu unha xeración enteira de moitas especies, entanto o "Prestige" segue onde estaba, deitando o fuel que lhe queda dentro, e coa solución definitiva adiada para quen sabe cando. Do que se trata é de que nos acostumemos a "convivir co chapapote", como nos dixeron no seu día. Non hai lugar para o optimismo. Unha ameza viscosa ronda arredor de nós.
Esa é a realidade. Esta é a crónica, dispersa e urxente, destes doce meses que cambiaron o país no que eu vivo. Xa nada será coma antes. Pode ser que ese cambio non se vexa reflectido tan rapidamente coma algúns desexamos, pero o cambio existe. O chapapote nunca poderá taparnos os olhos nin a boca. O meu é un país que dixo "Nunca Máis", que é xa un berro sen límites. Un país que grita, en palavras do gran escritor galego Manuel Rivas, Nunca Máis ao odio, en todas as súas formas. Nunca Máis ao terrorismo. Nunca Máis á guerra. Eu, posuído por un fanático resentimento, gosto de engadir un ladrido final: Nunca Máis á fame.
¶
2003-11-13, 00:22 | 5 comentarios |
> Paseo <
Xa tiña gañas, pero non ocasión. O caso é que dende hai uns días a liña eléctrica que suministra corrente ás farolas da miña aldea está inoperativa, a os arredores da miña casa están a escuras, unha fermosísima paisaxe nocturna de escuridade salpicada polas farolas das aldeas veciñas, pero nada que chegue a molestar.
A pena é que ata hoxe todas as noites chovía, ata hoxe.
Rematei a miña sesión de rol por irc cedo e aprobeitei. Saquei á miña cadela Roca, que dende a morte do seu compañeiro síntese triste soa e aburrida, e fun dar un paseo. A lúa está case chea, só faltan dous días para que esté pletórica, na noite de este sábado a domingo, cando coincidirá que a terra se porá entre o sol e ela e teremos unha eclipse de lúa. O tempo non vai acompañar pero oxalá todos se trabuquen e teñamos unha noite coma ista.
O meu paseo levoume cara o norte, a cinco minutos da miña casa hay un descampado chan rodeado de outeiros e pinos, ningunha luz artificial se ve dende alí, non sendo o resplandor de Santiago cando hay pouca lúa, hoxe non se notaba nin eso.
Para chegar hai que pasar por un carreiro que me encanta, é case un túnel, un burato amplo sobre unha masa verde, ou cando é denoite un burato negro rodeado dun negro máis escuro. Tan só o resplandor plateado nas follas dos carballos rompe coa ilusión. E realmente fermoso como todas as cores desaparecen na escuridade e só percibes siluetas e distintos tons de negro. Sorprendeume o aire, estaba cargado de matices, unha suave e cálida brisa do sur que aumentaba a sensación de calma que había no ambente. Unha paisase plana, silenciosa, escura, có cisne achegándose ó horizonte polo noroeste e orión amosándose altivo mentres persegue á lúa.
Roca non se cansou de correr, chimpando de olor en olor, correndo polos prados e escoitando cando nos achegábamos ás silveiras. Probabelmente emocionada por algún olor a coello, que estamos en tempada de caza e nestos tempos soen ceibar algúns. De vez en cando viña a correr onda min a buscar ou dar algún mimo. De vez en cando escóndome dela e silvo, e deixo que de unhas voltas ata que me atopa. E un vello xogo que temos entre nós, pero xa non se pon nerviosa coma as primeiras veces.
Vota de menos ó seu compañeiro, e eu tamén. Estos paseos eran máis divertidos cando me acompañaban os dous. El soía estar mais pendente de min, coma atrapado entre as gañas de acompañarme e o afán exploratorio dela, eu soíalle mandar correr tras de Roca, e facíame caso, un anaco, antes de voltar comigo. Si, eran mais divertidos antes estos paseos nocturnos, e ata xuraría que as estrelas brilaban mais.
¶
2003-11-07, 08:38 | 2 comentarios |
> Cria corvos... <
Non sei porque os corvos e as pegas (urracas en castelán) teñen mala fama, supoño que por culpa de Disney.
A min sempre me gustaron, parécenme só paxaros, pero mais simpáticos que os outros, a saber porque...
¶
2003-10-29, 01:36 | 8 comentarios |
> A voz <
Estaba arroutado por unha manta vella, era o único que me quedaba, a miña única realidade. Non sabía canto tempo estivera tirado no chan sen moverse, non era mais que unha sucesión de luces e sombras só interrompidas por unhas mans e unha voz agarimosas que me daban de comer. Cando non estaban votábaas en falla xa que por algunha razón ó pouco de sentilas deixaba de tremer e o mundo parecía un pouco mais real, incluso podía erguerme a beber algo para saciar a sede que me deixaba a comida. Pero os dous últimos días eu xa non era capaz nin diso, nen sequera as máns e a voz eran capaces de quitarme o frío o os tremores, nin de apartar da miña mente as imaxes absurdas que a poblaban. E tiña dor, xa non só nas patas de atrás senón que se extendía, xa me doía incluso mover a cabeza. As máns e a voz seguían a aparecer, e agora dábanme a comida directamente, pero xa non supoñían demasiada diferencia. Gustábaname os agarimos e tentaba de facerllo saber, espero que se dese de conta.
Esta tarde cambiaron as cousas, apareceron por derradeira vez, e ista vez si supuxeron un cambio, o pouco de comer pasoume toda a dor e puiden quedarme durmido, o cecais aínda estaba desperto pero non supuña demasiada diferencia. Sei, iso sí, que me ergueron e me puxeron noutra manta, e despois cargaron comigo ata un coche para unha viaxe curta. Despois volveronme cargar para deixarme no chan, sobre esta manta. Eu seguía sen sentir nada, pero movín un pouco a cabeza cando a voz amigable falou outra vez. Logo foise e notei un pinchazo, feble, e entroume o sono, un sono moi profundo, e todas as dores desapareceron.
Votarei de menos a voz, lembroa de hai moito, tanto que non sei se forma parte dos meus primeiros recordos, pero sí sei que forma parte dos mellores. Foi unha lástima, eu aprendín o nome que me deu, e aprendin a ir cara ela cando me chamaba, a voz nunca aprendeu o nome que lle din eu. Non era unha voz moi contenta cando me deixou, gustábame máis cando chamaba por min para que non correse demasiado lonxe ou cando pelexábamos tirados na herva. Espero que recobre ese ton cando eu desperte.
¶
2003-10-22, 21:46 | 4 comentarios |
> Final <
En breves intres saio cara o veterinario. Vou pagarlle unha eutanasia.
Non é sinxelo pero é preciso.
Adeus amigo, e gracias por todo.
¶
2003-10-21, 21:41 | 4 comentarios |
> Rendición <
Finalmente rendiuse, fica postrado todo o día e apenas intenta nen sequera cambiar de posicion, o seu ánimo caeu a cero e só os meus mimos significan un cambio na súa rutina diaria de sofremento e eu non podo estar con él mais que uns intres cada día. Aparentemente non ten dor pero non parece que comprenda que ten unha oportunidade de volver a correr, se é que a ten.
Cando lle poño a comida xa nin intenta incorporarse, só a come se o pode facer dende a posición de deitado, nin intenta moverse cando quero que se mova para apartalo dos seus propios escrementos (algo que probablemene me disgusta mais a min que a él).
Dentro de dous ou tres días levareino a que o sacrifiquen, non ten senso algún mantelo nese estado mais tempo, se non recupera agora xa nunca mais o fará. Nuha persona xa é doloroso, pero a persoa pode ler, ver a televisión, manter unha conversa. Pero para él os días son unha sucesión de horas só interrompidas polas tres aparicións miñas para darlle de comer xunto coa medicación.
Rendiuse e só agarda algún final... e a miña obriga é ofrecerllo.
¶
2003-10-20, 21:33 | 2 comentarios |
> Veterinarios <
Teño o meu can moi enfermo, un parásito chamado Babasia reduciuno a un esqueleto con pelo, sobre todo la metade traseira do seu corpo no que perdeu totalmente a movilidade. Leva unha semán postrado, con moita febre, case sen comer, cunha forte anemia e co seu dono plantexándose realmente o sacrificio se non é posible recuperalo. Onte á noite estaba sen febre, hoxe pola mañá volvía a tela.
Leveino a un veterinario e falo a miudo con outro a quen coñezo porque a ambos nos gusta mirar estrelas. Diverxen claramente na súa idea do tratamento, así que ata agora seguín as ordes do primeiro que foi quen o viu, pero non me ofrece xa moitas máis solucións e o can non mellora, así que vou facer caso ó segundo a ver si consigo algo máis.
Pero son de natureza pesimista, e o can parece condenado. Non parece haber moito que se poida facer en todo caso, voltarei a baixarlle a febre con paracetamol, seguirei cós antibióticos (Doxicilina) e metereille tamén suplemento de minerais con extra de calcio e ferro.
A diferencia é que ata agora non estaba a recibir paracetamol, a segunda veterinaria agarda que iso lle baixe a febre, o que lle permitiría volver a comer máis, que redundaría na superación da anemia e como efecto paralelo baixaríalle a dor, o que debera permitir ó can intentar moverse máis e recuperar un pouco de movilidade. O veterinario anterior consideraba que o paracetamol tiña pouco efecto no animal e que lle faría máis dano no estómago que ben en calquera outra parte. Bueno, se o segundo ten razón... mala sorte, prefiro provocarlle unha gastrite agora se ten posibilidades de recuperación que non deixalo seguir como estaba (que parecía condeado ó sacrificio). Se o que ten rezón é a veterinaria podería ser a última posibilidade de vivir, e sobre todo de vivir sen quedar cunha invalidez permanente, algo ó que eu non estou disposto, non vou ter un can permanentemente postrado, con dores articulares crónicas, e sen poder volver a ver a luz dó sol mais que cando eu poida aparecer para sacalo, non sería unha vida mínimamente digna para un can.
Bueno, déixovos. Xa porei como remata todo isto.
¶
2003-10-18, 18:41 | 3 comentarios |
> De viaxe <
Este luns foime necesario ir a Ourense a arranxar un par de papeis.
Coller a autopista é unha estupidez, nen sequera chega a Lalín (quédase en Silleda) e cóbranche 2.5€, ó sair atópaste que non sabes por onde seguir, o cartel que indica por onde continuar cara Ourese é disos pequenos, de madeira, pequeno, e só visible nun dos sentidos. Vino de pasada cando xa me pasaba, tras dar a volta dous centos metros mais adiante puiden atopar de novo o camiño. En total non gañei nese tramo ata feiralandia mais alá de 20 minutos.
Á volta por suposto seguín pola carretera nacional.
Total, para ir hora e cuarto. Para voltar hora e media. Alá uns 25 minutos.
Total, firmar un papel a menos de cen kilómetros da túa casa, no teórico eixo galego (a diagonal Santiago-Ourense) case tres horas e media. O mellor, escoitei dúas veces os grandes éxitos de Roy Orbison.
¶
2003-10-16, 02:40 | 5 comentarios |
|
|
Cosas viejas
|
< | Diciembre 2024 | |
Lu |
Ma |
Mi |
Ju |
Vi |
Sa |
Do |
|
|
|
|
|
|
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
31 |
|
|
|
|
|
|
|
|