Esbardallo logo existo
Inicio > Historias > Nova normativa
> Nova normativa <

Pois para cortar e pegar mellor poño o enlace http://mais.vieiros.com/medi/galegoorg/Modificacionsdanorma.pdf

Non é exactamente á aprobada pero anda preto.

O mais salientabel:

- A preferencia por terminar en 'bel' e 'za' no canto de 'ble' e 'cia' coa excepción de 'Galicia' (aquí canta a cuestión política).

- A preferencia de 'ao' en vez de a contracción 'ó'. Esto é o que menos me gusta, separa de xeito definitivo a lingua escrita da falada e iso non me gusta o mais mínimo. A lingua escrita debe ter as súas normas propias respecto á falada, pero deben ser básicamente no xeito de compoñer o texto. Se comezamos a separar a grafía da fonética o resultado pode ser algo como o inglés, donde os rapaces pasan moito mais tempo aprendendeo a deletrear a súa lingua que aprendendo que expresar con ela. Pero como son dos moi poucos a quen lle importa iso... pois ale. Pero como tamén se admite 'ó' pois eu vou seguir empregándoo. Pasa o mesmo coa xa postergada segunda forma do artigo. Eu son galego falante e nunca dixen 'vai tocar o carallo a outro lado', se o pronuncio normal digo 'vai tocalo carallo a outro lado'. Que o 'tocalo' leve ou non guón para salientar que é un artigo e non un pronome dame o mesmo, o que non me parece de recibo e cambiar a grafía a 'cambiar o' porque iso non é o que se di na fala real. Agora calquera que queira aprender a falar galego terá que aprenderse que o artigo tras infinitivo e a contracción 'ao' con excepcións fonéticas que requiren normas propias. O dito, o inglés está plagado delas e é unha lingua realmente complicada de estudiar.

- As terminacións 'to' frente as 'cto', como 'produto' no canto de 'producto'.

- As terminacións 'ao' 'a' frente a 'on' 'ona' que quedan para aumentativos (Irmao, irmá, homón, mullerona).

A modo de conclusión, case nada novo baixo o sol, estaba claro que non se ía producir un achegamento ó portugués, algo que si vería con agrado (aunque supuxese aínda mais separación entre fonética e grafía), e postos a non achegarse... bueno, non vexo demasiadas vantaxes e cambiar cousas mínimas como as que se cambiaron, para ista viaxe non facían falla tantas alforxas.

2003-07-13, 23:16 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://esbardalladas.blogalia.com//trackbacks/9785

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2003-07-14 10:51

Cero graos: nin frío, nin calor.



2
De: EMF Fecha: 2003-07-16 16:49

En "La voz de Galicia" (non sería "A voz da Galiza"?) din que a normativa fai un achegamento ó portugués, que é o que se quere.

Concordo coa segunda afirmación, por certo.



3
De: EMF Fecha: 2003-07-16 16:50

Bueno, realmente coido que o que falamos é galego-portugués, mentres cos irmáns do outro lado da raia falan... portugués-galego? XD



4
De: Anónimo Fecha: 2003-11-30 08:59

A única lingua do mundo mundial que pretende que a escrita coincida exactamente coa pronunciación é o castelán.E, aínda así, non o cumpre.




Cosas viejas
<Agosto 2022
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Documentos

Categorías

Blogalia

Blogalia

© akin