Inicio > Historias > Non teñen o mesmo encanto
> Non teñen o mesmo encanto <
Hoxe tocou tarde de cinema, "O falcón e a frecha" e "Unha noite na ópera".
Un dos meirandes actores do xénero de aventuras Burt Lancaster, posiblemente ningués nos últimos vinte anos se achegou nin de lonxe á súa capacidade como actor de aventuras, aínda resulta abraiante a súa capacidade atlética e ó tempo ser absolutamente creíble como actor, como para comparalo cos Van Damme e semellantes...
E un dos grandes do xénero cómico, Groucho Marx, tan inxenioso, tan absurdo, tan minimalista no seu humor xestual, hoxe en día enténdese por humor a un negro facendo xestos ata un extremo que parece que no canto de estar diante dunha cámara está diante dun inodoro vomitando a cea. Se é necesario ata o cambian por un sapo xigante que fala e fai tonterías e ninguén nota a diferencia.
Pola noite tocou outra película, feita unha morea de anos mais tarde. Moitos mais recursos, moita mas técnica, e certamente moito peor película. As películas antigas teñen un aquel que as fai diferentes, quizais porque só chegaron a min as boas, ou quizais porque sen tantas posibilidades de recursos de imaxe (efectos, montaxe, animacións...) coidaban mais duas cousas tan básicas coma o guión e as interpretacións. Sempre digo que me gusta unha película se me gusta o seu guión, témome que para min o cine é un deribado da literatura.
O mellor non é esa a razón, pero si sei que miro a miña lista de películas en camiño e sinto algo diferente cando vexo que se achega "Robin de los Bosques" que cando vexo que se achega "matrix II".
E conste que non é porque me faga vello, hai quince anos tamén me gustaba o cine mais clásico.
¶
2003-06-04, 07:15 | 8 comentarios |
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://esbardalladas.blogalia.com//trackbacks/8627
Comentarios
|
1
|
| De: Martin Pawley |
Fecha: 2003-06-04 07:46 |
|
|
Iso de "películas en caminho" sóame a alta velocidade...
The flame and the arrow é de Jacques Tourneur, un dos grandes cineastas de todos os tempos. Fixo unha obra mestra do xénero negro, Out of the past, con Kirk Douglas e Robert Mitchum; unha xoia do cine fantástico, Curse of the Demon; e dúas das películas máis grandes e gozosas de ver nunha noite calquera de fin de semana, Cat people e a impagável I walked with a zombie. Dos Marx brothers xa non hai moito que dicir a estas alturas. E The adventures or Robin Hood conta coa dirección de Michael Curtiz, o mesmo de Casablanca, por exemplo, co cal fica dito todo.
Eu tamén gosto do cine clásico, pero non descarto o que se fai nos nosos días. Hai moito, moi variado, e moi bo, desde Peter Greenaway até o xenial Wong Kar-Wai de Happy together ou In the mood for love.
|
|
2
|
| De: Akin |
Fecha: 2003-06-04 15:57 |
|
|
Jeje, soará ...
Por certo, atopei "La mujer de mi vida" pero só a ten unha persoa, sospeito que nese caso tardará uns cuantos meses en baixarse...
¿Como se chamaba o outro que escribiches naquela servilleta? (é que a levou Eledhwen).
Non rexeito o cine actual, Billy Elliot é de hai relativamente pouco, só digo que esas películas manchadas e con son discutible teñen un encanto especial, bueno, tamén digo que a calidade do cine de Jolibud de hoxe, nos xéneros que mais me gustan (aventuras, CF, comedia) e bastante cuestionable.
Por certo ¿"Curse of the demon" como se traduciu neste pais?
|
|
3
|
| De: Martin Pawley |
Fecha: 2003-06-05 06:56 |
|
|
Na servilheta aparecían dous nomes: este, e o de George Melies. Curse of the Demon pode aparecerlhe tamén como Night of the Demon; en España creo que non chegou a estrearse nos cines, pero nos pases televisisvos exhibiuse como La Noche del Demonio. É unha gran película, pero son melhores aínda Cat people (=La mujer pantera) e I Walked with a zombie (=Yo anduve con un zombi), sobre todo se se ven en V.O., en especial a primeira, na que o sonido chega a ser moi importante.
Estou moi de acordo a respeito de Billy Elliott. Imaxino que vostede vería Amelie, non?
|
|
4
|
| De: EMF |
Fecha: 2003-06-05 21:04 |
|
|
Anotar nomes de directores en servilletas... iso ilegalizarano pronto :-)
|
|
5
|
| De: Akin |
Fecha: 2003-06-12 05:18 |
|
|
A muller panteira en camiño, ó zombie parece que non o recoñece ninguén, nin ó demo tampouco... De Melies aínda estou a buscar nada... teño que tirar de google para atopar títulos del, a ver si me poño. Ai! Se se atopasen mais subtítulos por ahí... seguro que versións orixinais aparecían... (si, xa o sei, iso e precisamente o que vostede quere)
|
|
6
|
| De: Martin Pawley |
Fecha: 2003-06-12 09:32 |
|
|
Postos a pedir, non sei, que lhe parece Lost horizon (Horizontes perdidos), de Frank Capra, ou A tale of two cities (Historia de dos ciudades), de Jack Conway, ambas con Ronald Colman, o melhor actor da historia, como protagonista?
Tampouco me viría nada mal algo de cine mudo. Bajo la máscara del placer de G. W. Pabst, ou a súa Lulu coa fascinante Louise Brooks, por dicir dúas que se me acaban de ocorrer agora.
|
|
7
|
| De: Akin |
Fecha: 2003-06-12 22:01 |
|
|
'Horizontes perdidos' está en camiño, 'historia de dúas cidades' non aparece, como tampouco 'bajo la máscara del placer' e con Lulu aprecen tres "lulu on the bridge", "las edades de lulu" e "lulu" sen mais, esta última soamente en versión francesa. Se lle interesa algunha dígamo, pero mellor por correo que isto canta xa un pouco"
|
|
8
|
| De: Akin |
Fecha: 2003-06-12 22:10 |
|
|
De Melies atopo moitas películas (26) en google. ¿Pode indicarme unha orde de preferencia a ver si aparece algunha?
|
|
 |
|
Cosas viejas
|
| < | Agosto 2008 | |
| Lu |
Ma |
Mi |
Ju |
Vi |
Sa |
Do |
| |
|
|
|
1 |
2 |
3 |
|
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
10 |
|
11 |
12 |
13 |
14 |
15 |
16 |
17 |
|
18 |
19 |
20 |
21 |
22 |
23 |
24 |
|
25 |
26 |
27 |
28 |
29 |
30 |
31 |
| |
|
|
|
|
|
|
|
|
|