Esbardallo logo existo
Inicio > Historias > ¿Que será esta década?
> ¿Que será esta década? <


Os 50 foron profundamente reaccionarios.
Os 60 foron revolucionarios.
Os 70 foron progresistas.
Os 80 foron conservadores.
Os 90 foron reaccionarios.

¿Que tocaba agora? Pois estaba collendo forza o movimento antiglobalización, Internet estaba a darlle a xente novos niveis de información e liberdade, Europa estaba comezando a ser importante e a adquirir o peso suficiente para comezar a ser un contrapeso ó todopoderoso poder ianki, as nacións unidas comezaban a dar pasos importantes coma algunhas intervencións e o tribunal penal internacional, e neste triste recuncho chamado Galiza a xente reaacionaba con xenio por primeira vez dende que eu nacín ante un atropelo como o Prestige.

Pero dos antiglobalización xa non se escoita moito, agora os poderosos fan as súas reunións donde soían facelo, en recunchos agochados lonxe de miradas (e berros) indiscretas.
Internet está a ser domada con leis como a PATRIOT ou a LSSI.
Europa está profundamente dividida, non só porque os británicos son espías do inimigo, senón porque en España e Italia os gobernos cuasi-fascistas decidiron pasarse ó outro bando e crabar unha estaca, quen sabe se a última necesaria para dar morte a un soño imposible, no corazón europeo.
As nacións unidas atopáronse que o Imperio non firmaba Kioto, nin o tribunal penal, e permitíase o luxo de sobornala e posteriormente ignorala para facer unha guerra económica ilegal.
E no triste recuncho do noroeste chamado Galiza a xente pasaba do xenio e a indignación a votar ós de sempre. Nen sequera nos queda Portugal, que é outro dos do frente das Azores aínda que non saíse na foto.

Parece que non toca outra década dos 60, senón outra década dos 50. Isto cada día recórdame mais a 1984, o incrible libro de Orwell.

2003-05-27, 06:22 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://esbardalladas.blogalia.com//trackbacks/8387

Comentarios


Cosas viejas
<Agosto 2022
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Documentos

Categorías

Blogalia

Blogalia

© akin