A falta de valorar con calma os resultados coido que a letra desa canción do desagradable Julio Iglesias é o que mellor define Galiza. Nas grandes Cidades hai case empate, a dereita mantén tres das sete cidades, Coruña (donde un só escaño libra a Paco Vázquez de ter que pactar con pp), Ferrol e Ourense, se non lín mal o pacto psoe-bng só recuperaría a deputación da Coruña, e na costa da morte case non cambia nada. A lectura mais interesante para os que detestamos o pp é que en global entre o bloque e os sociatas sacan cinco puntos ó pp, en contra, que tradicionalmente hai mais voto de esquerdas (dóeme usar ese termo incluíndo nel ó psoe) nas municipais que nas xerais (en Santiago e Coruña por exemplo a forza mais votada nas xerais é o pp.
A miña valoración particular, non se pode extrapolar demasiado dunhas municipais, donde a miudo pesan mais os nomes que as siglas, pero o cambio de tendencia é tan leve que coido que o pp pode voltar a cambiar esa tendencia cando o Prestige e a guerra estén aínda mais lonxe. Ou dito de outra maneira, a vida segue igual.
Estou francamente desanimado, temos o que nos merecemos, e por moito que fagamos algúns isto seguirá igual, así que continuo a miña evolucíon dende o esquerdismo mais ou menos militante ó anarquismo convencido no que estou agora, co risco real de ir dende o anarquismo ó pasotismo. Se a xente quere seguir có mesmo que siga, eu vou deixar de preocuparme.
¶