Duas da mañá do venres, acabo de chegar da obra e aínda me estou a quitar os últimos restos de maquillaxe. Hoxe foi un gran día, despois de varias representacións fallidas esta saiu realmente ven, o público rindo a gargalladas durante casi toda a obra, o guión que por primeira vez saiu case perfecto. Foi tan impresionante que conseguimos que os nenos estivesen durante duas horas que dura a función sen moverse o mais mínimo e caladiños atendendo o escenario, e iso que cando empezamos xa levaban alí mais de unha hora (antes de nos actuou un mago).
E rindo mais aínda que o público estábamos nos, tras do escenario, disfrutando coma ananos de como estaba a sair todo.
Teño que recoñecer que a única parte que non nos saiu redonda foi o primeiro cuadro do segundo acto (precisamente onde estou eu en escena), pero bueno, non empaña unha noite xenial.
Anécdota: estábamos varios dos actores, xa rematada a obra, na entrada do local, e unha señora maior saiu e quedouse mirandonos un intre:
-
Ai! que ben estiveches nena, e ti tamén estiveches moi ben, e ti tamén estiveches moi ben, e ti ¿tamén estabas?
Esto último dirixíndose a min...
Que risas nos dou, eu era o único que aínda tiña posto a roupa da función, e o único que actúa que ten barba, e ademais supostamente son unha personaxe que se ten que notar (son gritón e mandón), e aínda así a señora non estaba segura de si eu estaba ou non.
- Si señora, tamén estaba.
- Ai!, pois todos estivestes moi ben. ¡Que risas!
O gran momento da obra foi o accidente. Entre os dous protagonistas teñen que sacar a un morto dun armario e poñelo nun baul, coa mala sorte que un deles tropezou e caeu él dentro do baul có morto enriba, nin ensaiado un cento de veces sairía así. A xente a gargallada limpa, e nos, tralas cortinas, literalmente mexándonos de risa. Para mais gracia rachou o pantalón pola parte de atrás (levaba roupa interior azul clara que destacaba có negro do pantalón). Pasou o resto do acto sen darlle a espalda ó público nin un só intre. E nos tralas cortinas rindo aínda mais.
Con todo tivemos sorte que non se abrise a cabeza, so saíu con unhas rascaduras na espalda e algo de sangue. Dado o éxito do momento suxerimos que se fixese asi de cara ó futuro, pero coido que non lle apetece intentalo de novo.
Hoxe síntome realmente ben.
O domingo da seguinte semán toca actuación en A Estrada, preto de Santiago. A ver si poño esta semán a hora... Agora xa me atrevo a invitarvos a que a veñades a ver.
¶