Esbardallo logo existo
Inicio > Historias > Dúbida existencial
> Dúbida existencial <

Sempre dubido sobre que poñer neste blog e que poñer no anterior de "Desbarradas" que está en castelán. Por un lado a maioría dos meus escasos lectores non son galegoparlantes e se escribo no outro léeme mais xente, e sobre todo, léeme a xente que me gusta que me lea. Por outra banda síntome culpable de non escribir en galego...

Hai uns días díxenme que en Esbardalladas metería o que toca a Galicia ou o me toca a min que é de ámbito local (asociacións, teatro...) pero despois sentime incómodo con convertir este blog nunha especie de "o correo galego", versión en galego e absolutamente ligth do seu equivalente castelán (bastante noxento por certo).

Non sei, sigo sin saber moi ben que vou facer con dous blogs que se fan competencia entre eles por conseguir as miñas historias.

2003-05-14, 23:47 | 11 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://esbardalladas.blogalia.com//trackbacks/8002

1
De: Rolf Guststan Fecha: 2006-04-16 22:05

ambien and wellbutrin : «Dbida existencial»



Comentarios

1
De: IaRRoVaWo Fecha: 2003-05-15 04:25

O que poderias facer é poñer o mesmo post nos dous, un en castelan e outro en galego, ainda que desta forma seria mais custoso.



2
De: Catuxa (http://deakialli.blogspot.com) Fecha: 2003-05-15 08:28

Estou dacordo con IaRRoVaWo, penso que a mellor solicion é poñer o mesmo post nos dous. Ainda que tamen é certo que hai cousas que non son o mesmo en castelan e viceversa, perden o sentido inicial coa traducción. Fagas o que fagas nin se te ocurra deixar de empegrar a nosa lingua, é a miña via de escape dende que me encontro lexos da terra ;)



3
De: Martin Pawley Fecha: 2003-05-15 10:35

Escriba do que lhe pete, uns días nun idioma, outros días noutro, e xa está.



4
De: Akin Fecha: 2003-05-15 19:46

O problema de poñer o mesmo nos dous é o foro, non ten sentido que algunha xente comente nun lado e outra noutro, cando a mixtura sería moito mais enriquecedora.

A proposta de Martin Pawley é a que estou a facer agora (mixturada con unha certa separación temática), pero tamén é a que me deixa un certo desacougo.



5
De: EMF Fecha: 2003-05-16 12:13

Escribe en galego e pasa do castelán :)

PD: É broma, pero menos mal, pensei que ías a facer iso de escribir só do que concerne a Galiza -o cal fíxome pensar en moita xente que sí... que "eu falo galego" pero que cando pasa de Pedrafita pensa que hai que falar castelán (que co galego non se vai a ningures e que, para estarmos no mundo, debemos falalo castelán) ou que o galego está ben para falar de gaitas, de feiras, de leiras e de regatos. Porque non falar en galego, por exemplo, de cinema?.

Un escritor ten unha audiencia sí, pero... realmente debese á audiencia?. Ou debese a sí mesmo?. É raro o choio.
Eu, persoalmente, xa me decidín hai moito ;-)
Poida que perdera lectores... pero non me preocupan os lectores, son demasiado egoista.

Unha aperta.



6
De: Akin Fecha: 2003-05-16 15:31

Bueno, un blog non deixa de ser un exercicio de egoísmo, unha forma pedante de crerse que un ten algo interesante que dicir cando leva a vida mais aburrida do mundo.

Por outra banda non deixa de ser un medio de comunicación cós amigos, e como digo a inmensa maioría dos amigos cós que sigo en contacto gracias a Internet son castelánparlantes... ser egoísta no idioma a empregar choca contra o egoísmo có que precisamente nace un blog.

Sigo pensándome como arranxo esta desfeita.



7
De: Neldo Fecha: 2003-05-17 00:59

Pasa de todos y se tu mismo
bicos rubiales :)



8
De: Anónimo Fecha: 2003-05-17 01:41

Eu falo italiano, pero te leo sen demasiados problemas (Mamma mía, mi primera frase en gallego: ha costado un poco :I - Me estoy bajando el curso interactivo Galingua de la Xunta, a ver si aprendo este hermoso idioma)

Sigue así Akin :)



9
De: Algernon Fecha: 2003-05-17 01:52

En la prisa me he olvidado mi nick. El nº8 soy yo, Algernon :D



10
De: IaRRoVaWo Fecha: 2003-05-17 02:12

Eu teño pensado facer un weblog-paxina persoal en galego e en castelán. Sei que ó mellor vai ser un pouco custoso ou que non é o mesmo falar algunhas cousas en galego ou en castelán pero farei a proba.
O que non decidin é que facer cos comentarios, pero xa se vera.



11
De: Akin Fecha: 2003-05-17 04:39

Algernon, non hai moitos italianos por esta zona, non tiña a mais mínima dúbida do autor...

Por certo, un día distos temos que intercambiar clases de galego e italiano :-D (atráeme mais aprender italiano que imperial, aínda que o segundo ten a vantaxe de poder ler a Harry Potter seis meses antes)




Cosas viejas
<Agosto 2022
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Documentos

Categorías

Blogalia

Blogalia

© akin