Esbardallo logo existo
Inicio > Historias > O galego que non fala ...
> O galego que non fala ... <

Velaí vai a letra dunha canción de Mercedes Peón, do disco Issué, tocoume escoitalo hoxe (e probablemente os próximos días que eu escoito de xeito compulsivo) e pensei que debería poñela aquí hoxe. A verdade e que queda mellor cantada pero incluso escrita mantén clara a mensaxe:

De seu:

O galego ue non fala a língua da sua terra
non sabe o que ten de seu
non sabe o que ten de seu
perdidiño polo mundo
sen saber o que xa é meu
perdidiño pola vida rexeita a sua lingua
sabendo que ven de atrás
sabendo que ven de atrás
da nosa xente querida
ainda hoxe falámo-la!
falámola naturalemente
falamos como a nosa xente
non nos podemos queixar.
O galego que non fala a língua da sua terra
non sabe oque ten de seu
non sabe o que ten de seu
nin é merecente dela, galego da tua TERRA


A min esta letra faime pensar, e moi curioso que os mesmos que renegan do galego son os primeiros en aprender o inglés (tamé coñecido como lingua imperial) e se lles preguntas dinche que o inglés é moi útil e o galego non serve para nada.

Bueno, non serei eu quen diga que o inglés non é util, pero tamén digo que é custoso aprendelo, e o galego é tan doado... tan semellante ó español que si coñecemos, tan doado de atopar con quen practicalo... E util, bueno, da acceso a unha inmensa cantidade de falantes portugueses, brasileiros e ex-colonias do veciño... sen dúbida é tamén unha lingua moi falada, e con una riquísima bagaxe cultural, antigua e contemporánea.

Sen embargo esos razoamentos non me serven demasiado, o que decidiu non aprender galego descártaos por irrelevantes, e iso faime sospeitar que a razón é outra e non a utilidade. Sospeito que a razón última e un inmenso complexo, unha asociacion subconsciente entre galego e paletismo da que o castelán-parlante non quere formar parte, quizais con outra que asemella o portugués a un tipo pobre e sucio. Que triste a verdade que a razón última para non aprender o galego sexa a ignorancia e a estupidez.

Ó final só queda a reflexión "O galego que non fala a lingua da sua terra non sabe o que ten de seu".

2003-04-25, 00:50 | 5 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://esbardalladas.blogalia.com//trackbacks/7444

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2003-04-25 11:37

Boas razóns (poéticas) de Celso Emilio Ferreiro nun poema da Longa noite de pedra:

Deitado frente ao mar

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña,
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros.
Falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non quero arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...



2
De: EMF Fecha: 2003-04-25 17:41

Hai cousa de cáseque un ano mudei de ser un castelanfalante -cáseque todo o tempo- a galegofalante -excepto cando estou en Madrid no curro-... e non sei... ata me vexo máis guapo e todo :-)

Eu penso que a xuventude debería de facelo percorrido que a xeración Nós fixo a comezos do século pásado. Pesquisando o máis "in" atoparonse con que o máis do máis, o que era totalmente novo, era o galego. E utilizarona. E non só para falar de regatos, de montes, de vacas... senón para facer estudos de antropoloxía, mediciña, de viaxes, etc...
Un profesor meu de literatura galega contounos unha anécdota ó respecto: dando un cursiño de galego a unha serie de abogados e, tratando o tema das contraccións preposición+artigo determinado (ó, á, ós, ás), pedindolles exemplos de utilización estes dicían puñan como exemplos como "vou á feira", el respondeulles que estaban ben... pero que estarían mellor uns exemplo como "vou ó xulgado".

Dicía Anxo Quintana que a única maneira de participar na globalización é aportando algo a esa mesma, algo propio, naturalmente.
E, como ben se ve na canción, que máis noso temos co galego, que a nosa fala, que a nosa cultura?. O que sí é destacable é o feito de que o galego, como fala, serve para escribir un weblog tanto como para chamar ás vacas ou como para "lighar cunha mosa".

No meu weblog puxen unhas ligazóns dunha serie de artigos sobre o tema do galego, España e Portugal (e o portugués), que quizais sexan interesantes (só quizais):
- http://www.lapaginadefinitiva.com/politica/peun/7-1.htm
- http://www.lapaginadefinitiva.com/politica/peun/7-2.htm
- http://www.lapaginadefinitiva.com/politica/peun/7-3.htm

Sinto a lonxitude do post e o deslabazado.



3
De: goretoxo Fecha: 2003-04-30 17:20

é curioso. Seguimos, despois de nonseicantos anos de "estatuto de autonomia", na mesma situación. Se colles as letras de Fuxan os Ventos, sonche validas para o que temos hoxe. Parece que temos asumida unha especie de "sermos minoria", incluso os galegofalantes que viven na Terra. Para os que estamos fora, as cousas sonvos moi diferentes, hai unha especie de "irmandade da diáspora" que tampouco é nova. Este sabado pasado viñeron unha banda de gaitas a tocar xunto coa nosa e, sen máis explicacións nin problemas, todos falabamos galego.

Mentres non botemos ós caciques, ou ós xefes dos caciques, non hai moito que facer máis que seguir na resistencia.
E na aproximación pouco a pouco ó noso entorno linguistico natural, a lusofonia.



4
De: Curiosidade Fecha: 2003-07-23 02:48

É curioso que a muller que interpreta esta canción non predique co exemplo e non fale ela galego.
Así é a vida, chea de hipocrisías.



5
De: Addu Fecha: 2019-05-01 13:10

Imvu is best one website for the online game so if you want to get the more imvu generator online than visit here




Cosas viejas
<Agosto 2022
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Documentos

Categorías

Blogalia

Blogalia

© akin