Esbardallo logo existo
Inicio > Historias > Libros
> Libros <

Non hai moito dixen aquí que eu son lector de xénero, en concreto leo os libros habituais do lector medio (uns poucos mais realmente) e aparte leo moita literatura de ciencia ficción e de fantasía que son os xéneros os que me sinto mais vencellado, xa non só como lector, senón como cinéfilo, escritor, e na miña vida asociativa-cultural..

Así que no día do libro vou recomendar dúas series de libros que me encantan e que, afortunadamene, xa están traducidas ó Galego. Non son nada orixinal e son consciente, pero si alguén quere aproximarse á literatura freaki iste é un bo camiño para comezar. Aviso que non recomendo libros de autores galegos por que creo realmente que os que eu recomendo son mellores (e polo que puiden ver tamén están ben traducidos), cando menos neste tipo de literatura, para ven ou para mal non son galeguista á hora de facer recomendacións. Claro está que si alguén cree que se poden recomendar autores galegos para este tipo de literatura, pois que me deixe un comentario.

As recomendacións:

- literatura fantástica: O señor dos aneis e O hobbit, o meu libro favorito, non só na literatura fantástica senón en literatura en xenérico. E unha vella pretensión da Sociedade Tolkien Española, á que la pertenzo, reivindicar a Tolkien como un dos grandes autores da historia. En votacións de todo tipo en todo o mundo, feitas por lectores, sae sempre como un dos libros de referencia do século XX. Nas votacións dos académicos non, como non sae ningún libro de literatura fantástica, considerada ó parecer literatura de segunda clase.

- literaruta fantástica de corte infantil-adulto: Harry Potter, moito mais que un fenómeno publicitario e un par de películas malas, sei que o argumento do número é doadamente rebatible (se miles de moscas van á merda...) pero neste caso parece significativa a cantidade tremenda de libros J.K.Rowling ten vendidos en todo o mundo e en tódalas linguas. Para os lectores adultos, comezade a lectura libres de prexuicios, hai moita ironía dentro de ises libros, so hai que ver o tratamento que da a videntes, ó racismo, ó clasismo, á familia conservadora inglesa, ós periodistas amarillos é ós escritores de best-sellers que venden por publicidade (curiosamente algo do que agora se lle acusa a ela). Se vos sentides frustrados tras rematar o cuarto libro sabede que o quinto chegará en xuño, eso si, só en lingua imperial, para a versión castelán haberá que agardar, para a versión galega non teño nin idea. Eso si, xa non sei si se pode considerar un libro para nenos, terá 768 páxinas, algo así coma dous tercios do señor dos aneis.

O resto de recomendacións que faría serían en castelán, e fareinas nos comentarios se alguén me pregunta. Só recomendarei, iso si, literatura de xénero fantástico, que é da que sei algo, para a literatura xenérica (mainstream que din os anglosaxóns) deixo que outros que saiban mais ca min fagan esas recomendacións (como Martin Pawley por exemplo)


2003-04-23, 18:07 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://esbardalladas.blogalia.com//trackbacks/7393

Comentarios

1
De: ock Fecha: 2003-04-24 18:44

estamos de acordo no Señor dos Aneis e todo Tolkien, non coñezo os libros de Harry Potter, algún día supoño. en galego pouco hai que eu saiba. en castelán eu recomendaría a Ursula K. LeGuin na literatura fántastica con os libros de Terramar e na de CF con todos que son moitos...
http://www.arrakis.es/~jlrp



2
De: Martin Pawley Fecha: 2003-04-26 16:29

É vostede un provocador, Akin...



3
De: Akin Fecha: 2003-04-26 20:44

Pois síntase provocado Martin Pawley e deixe algunha recomendación extra no seu blog, que sei con certeza que hai quen o lee, entre outras couas, para descubrir novas lecturas.




Cosas viejas
<Agosto 2022
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Documentos

Categorías

Blogalia

Blogalia

© akin