Acabo de chegar da capital do reino, ese lugar onde os camareiros, mal que me pese, son mais amables que os de aquí, e os conductores son psicópatas asasinos. Sigo con unha certa angustia ó pensar que algún día e probable que teña que emigrar alí se quero mellorar no meu traballo, con todos esos problemas que teñen de vivenda e trasporte. Coido que nunca aprenderei a conducir con soltura en Madrid, e iso que nesta volta estaba valeiro.
Cando cheguei a Santiago chovía, pero había campos e eran de cor verde e sentinme realmente a gusto de voltar á miña casa. Voto de menos á xente que deixei alí, pero coido que eles tamén serían mais felices vivindo aquí se poidesen.
A miña bágoa vai polo que non puiden ver "A pantasma da Opera", "My fair lady" e "Peter Pan". Tres moi interesantes musicais que quedaron lonxe de ser vistos, tanto por unha cuestión de tempo como por unha cuestión de cartos (para ver a pantasma unha entrada eran 60 euros, demasiado ó meu entender para un soldo de provincias).
Noutra ocasión será.
O mellor da viaxe, a comida do domingo nun restaurante asturiano. Viva a sidra e os chourizos en sidra, e as patatines ó cabrales e o cachopo e a tarta á sidra e a zorza con crema de cabrales e a sidra e a sangría de sidra e... culinariamente son mais astur que galego.
¶