Esta fin de semana pasada pasamos uns amigos e mais eu o fin de semán en Pontevedra, na casa dos pais dalguén. Trece persoas en festa. Comida, bebida, música, películas, rol...
A casa está a beira da praia, literalmente saes pola porta do xardinciño e tes unha preciosa praia de ría, con area miudiña e branca. Todo perfecto se non fose polo aterrador espectáculo que se ve xusto do outro lado da ría, a fábrica de ENCE. Tivemos mala sorte, o vento púxose do sur e tróuxonos o pestazo que despide, literalmente fai que un teña que ir co nariz tapado con un trapo ou a manga da chaqueta, os de alí están acostumados e non lles molesta tanto, pero ós de fora déixanos cunha sensación de noxo tremenda. O resultado foi que non saímos da casa e que pidíamos ós fumadores que fumasen ata que o fume parecía névoa, mellor o apestoso cheiro de tabaco que o moito mais apestoso cheiro da fábrica.
Levo dous días andando co coche coas ventás abertas, todo o que levei está xa na lavadora, mochila incluída, e os libros e discos quedaron sen gardar para que se aireasen, aínda así sego cheirando a peste esa ...
Apenas había casas alí, o que non é de extrañar cheirado o cheirado, todo o potencial turístico dunha ría preciosa está destruido pola fábrica. ¿Realmente non se pode facer nada para que non expulse semellante cheiro? ¿Realmente compensa ter unha fábrica que lastra todo o futuro turístico dunha ría?
Que fermosa podía ser esa ría...
¶