Esbardallo logo existo
Inicio > Historias > Comezando
> Comezando <

Tiña unha vella débeda comigo mesmo, e era unha contribución persoal a que o Galego teña un sitio na rede. E unha lingua na que penso, na que traballo, pero non na que escribo cousas para min mesmo, e non o fago porque non sei facelo, porque cando escribo un texto no traballo teño todo o vocabulario que necesito pero cando escribo para min mesmo necesito moitas mais verbas das que coñezo, moitas mais das que emprego, e neste eido de cousas teño que recoñecer que o meu abano lingüístico e moito maior en castelán, froito de centos de libros e outros centos de horas escoitanto a radio e vendo a televisión, moitímas horas mais das que empreguei nunca en ler galego porque a literatura que me gusta non está nese idioma (en galego leo autores, en castelán leo literatura de xénero).

Sigo tendo esa limitación, e seguireina tendo ata que morra probablemente, pero este blog irá cara adiante, mais mal que ben, asumindo todo iso, e fareino porque tamén son consciente de que dende toda a miña ignorancia son un privilexiado, un privilexiado por terme criado en galego, porque aínda que me falla fondo teño os reflexos necesarios nesta lingua para escriber algo con regularidade. Cecais algún outro navegando o azar se atope con esta páxina e decida que tamén él ten a capacidade e a nacesidade de escribir galego de xeito habitual.

2003-04-15, 03:38 | 8 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://esbardalladas.blogalia.com//trackbacks/7171

Comentarios

1
De: eva-lamaga Fecha: 2003-04-15 04:24

Adiante co esta nova andadeira, akin. Eu estarei ainda máis encantada de ler as tuas palabras tamén en galego.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2003-04-15 05:36

Un pequeno paso para Akin, pero un gran paso para todos nós... Que naza un novo blog en galego é unha excelente noticia. Posiblemente, máis importante do que cremos: se hai unha parcela na que está aínda todo por facer, é no fomento do emprego da lingua galega na rede e entre os usuarios da informática (é dicir, todos).

Benchegado, pois. Gracias polo xesto!



3
De: ivan Fecha: 2003-04-15 07:12

espero que teña moita sorte don akin na sua andadura na rede, as boas cousas en bo idioma sempre triunfan, sorte!!!



4
De: goretoxo Fecha: 2003-04-15 16:12

bemvido!!
xa estas apuntado na www.blogaliza.org
sorte!



5
De: ock Fecha: 2003-04-15 17:54

Benvido! xa non teño máis disculpas para non actualizar as miñas ligazóns, vaia traballo dades ;-)



6
De: Akin Fecha: 2003-04-15 18:19

Gracias a todos por este recibimento. Espero non defraudaros en exceso.



7
De: EMF Fecha: 2003-04-16 00:45

Como dirían os Blues brothers: "estamos nunha misión divina" ;-)

Benvido.

PD: Unha presentación, que, sen nengún tipo de dúbida, quixera ter escrito eu. Emocionante.



8
De: Catuxa Fecha: 2003-04-20 09:09

Felicidades polo emprego da nosa lingua na internet! Esperemos que cunda o exemplo e poidamos demostrar que o galego non esta a morrer. Un bico dende Madrid.




Cosas viejas
<Agosto 2022
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Documentos

Categorías

Blogalia

Blogalia

© akin