Esbardallo logo existo
Inicio > Historias > Por unha educación tecnolóxica
> Por unha educación tecnolóxica <

Mañá venres, 3 de Xuño, terá lugar unha manifestación contra o proxecto de lei educativa que elimina a asignatura de Tecnoloxía da ensinanza secundaria.

A xuntanza terá lugar na praza do Toural (Santiago de Compostela) ás seis da tarde.

Máis información sobre a xuntanza no blog de <
a href="http://apetega.bloxus.com/" title="http://apetega.bloxus.com/" target="_blank">APETEGA e máis información da campaña contra a eliminación da ensinanza de tecnoloxía na web de http://www.sialatecnologia.org/

Inclúo a continuación unha interesante explicación que ven coa nota de prensa que me adxuntaron:

div align="center">¿POR QUE SE ENSINA TECNOLOXÍA?

A coñecida coma 3ª Lei de Arthur C. Clarke prognostica que calquera Ciencia e Tecnoloxía suficientemente avanzada é indistinguible da maxia; é dicir, convértese nun coñecemento pechado, non democrático, accesible só a unha élite dirixente que pode impoñelo ó resto dos cidadáns ignorantes. Pero pola contra o coñecemento tecnocientífico aínda que rigoroso ten que ser aberto e participativo, igual ca sociedade democrática na que se desenvolve. ¿Como se resolve este aparente paradoxo?. Coa educación universal aberta a toda a cidadanía.

Dende hai varios séculos a Tecnociencia é unha das pedras angulares do coñecemento humano, tanto teórico coma aplicado, e polo tanto é básica para entender a nosa cultura e participar na nosa sociedade. Nembargantes nalgunhas sociedades tradicionalmente máis pechadas (e polo tanto menos democráticas) obviouse esta rama do coñecemento outorgándoselle só un papel moi secundario na concepción da Cultura desexable para toda a poboación.

A área de Tecnoloxía foi creada como materia obrigatoria e troncal na Educación Secundaria no ano 1990 coa promulgación da LOGSE, recoñecendo así as autoridades educativas a importancia básica que ten na nosa cultura o coñecemento tecnolóxico. Ademais recoñeceuse axeitadamente que a metodoloxía de traballo propia do coñecemento tecnolóxico éa do método de proxectos, caracterizada por combinar a adquisición de coñecementos teóricos e formais co seu uso práctico na resolución de problemas técnicos.
Co método de proxectos pode lograrse que na educación formal:

font face="Times New Roman">- O alumnado teña máis participación no proceso de ensinanza- aprendizaxe.

font face="Times New Roman">- Se aprenda a traballar en grupo.

font face="Times New Roman">- Se reduzan as diferencias de xénero, invertendo roles tradicionais.

font face="Times New Roman">- Se fomente a autoestima das e dos estudiantes ó deseñar e construír solucións prácticas e funcionais.

div align="center">PERO, ¿QUE SE ENSINA EN TECNOLOXÍA?

Os contidos da área son numerosos, diversos e ampliables como corresponde ós procesos tecnolóxicos reais. Os principais na ESO son:

- Materiais de uso técnico.
- Expresión gráfica.
- Estructuras e mecanismos.
- Electricidade e electrónica.
- Tecnoloxías da información e da comunicación.
- A enerxía.
- Control e robótica.
- Tecnoloxía e sociedade.

Todos estes contidos trabállanse na aula en completa relación, púes toda tecnoloxía apóiase nas demais.

Os proxectos e materiais desta exposición son unha pequena mostra dos contidos que día a día centos de profesores e alumnos traballan nas súas aulas-taller. O obxectivo da mesma é dar a coñecer estes contidos e esta realidade educativa, e demandar un maior respecto e interese por esta área de ensinanza da sociedade en xeral e das autoridades educativas en particular.

2005-06-02, 13:08 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://esbardalladas.blogalia.com//trackbacks/30356

Comentarios

1
De: Nimux Fecha: 2005-06-08 18:42

¿Queres un mensaxiños? http://correo1000.allhyper.com/

2
De: Anónimo Fecha: 2005-10-11 19:11

cómo?? non o sabia.
é seguro iso de que se suprime?????????

e onde irán a parar os profesores con plaza?
(xa non entro en que por suposto que penso que é unha asignatura imprescindible)

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 23.20.193.33 (c8984b2070)
Comentario

Cosas viejas
<Julio 2017
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Documentos

Categorías

Blogalia

Blogalia

© akin