Hoxe paseei por Santiago, ou mais que pasear fun correndo de aquí para alá. Había moito que non o facía (vivo nas aforas e traballo en San Caetano), básicamente porque non me da a gaña de pagar a hora e xa non hai ningún sitio que non sexa de hora en toda a cidade. O derradeiro sitio que quedaba, o campus, xa caeu nas avariciosas mans dos nosos rexentes. Si claro, se presentas un tiquet dalgunha merca tes un lugar gratuito para aparcar, pero é que eu por exemplo non merco cando vou de paseo mais que de vez en cando, así que... Santiago queda para horario nocturno e para mercar os grandes hipermercados das aforas ou Internet segundo sexa a natureza da merca.
O caso é que a única farmacia que vende o antibiótico que necesitan os meus cans está no centro e que cando aparquei a moeda mais cativa que tiña era un euro, así que aproveitei para ir á farmacia en Castrón D'ouro e despois a Couceiro (libraría de saldos), Follas Vellas (libraría de segunda man) e por último unha tenda de compra-venda de calquera cousa que está indo cara Sar e da que non lembro o nome.
E incribel o caros que resultan os libros, incruso cando están danados ou sobados, de ciencia ficción e infantis. Podo atopar case calquera clásico por 3 - 4 euros en tapa dura e coma novo, pero si me voy a literatura de xénero, nin o libro mais danado baixa de 4 euros e a maioría dos mais coñecidos andan polos 5 ou 6. A min pagar 5 euros por un libro mal conservado parecéme demasiado. E con determinados libros de coleccions infantís pasa o mesmo. A 4 euros de segunda man, independentemente do estado de conservación.
Dicir que antes era mais barato, a inmensa maioría da miña colección de libros de CF foi recolectada nese tipo de tendas a prezos entre 2 e 3 euros, con algún caso de libros mais caros e incluso algún mercado en tendas de libros novos.
Discos non mirei, as películas en dvd de 5 euros (as descoñecidas para todo o que non sexa parente do director) ata 12 (as mais normais), iso si, ningunha que buscase, se vé que hai moito caza-saldos nas cidades universitarias.
A istes precios, tengo en conta que falamos de segunda man, lamento non poder descargar libros de internet do mesmo xeito que descargo música ou cine.
O final por certo non merquei nada excepto as menciñas para os cans, así que de ter pagado aparcamento iría agora para a casa cun recibo caro no peto.
¶