Esbardallo logo existo
Inicio > Historias > Buff
> Buff <

Sinto que esta bitácora me asfixia, cada vez son mais galego-falante e mais castelán-pensante, sobre todo porque cada vez falo menos e adico mais tempo ós medios de comunicación, boa parte das conversas que manteño ó día son por escrito con xente que non é galega. E cando penso en algo para escriber fágoo pensando na xente que me lee. Ó cabo, ¿a canta xente en Galiza lle importa a análise da selección española de baloncesto que fixen onte?
Antes sentía mais cousas que dicir, pero foi antes das últimas eleccións, agora xa non sigo a política nin galega nin municipal, e por suposto xa non sinto a necesidade de escribir sobre ela. ¿A quen lle importa que Fraga está a cargarse a Palmou como posible sucesor? Ó final quen o suceda será alguén mediocre como case todos os políticos...

Creín que crear esta bitácora solucionaría o meu problema de conciencia polo excaso uso do galego que fago en internet, pero é xusto ó contrario, aumenta porque non escribo nada aquí... coido que o seu peche está preto. Ou mais que peche, o seu abandono. As miñas disculpas á xente que me enlazou.

2003-09-14, 22:12 | 8 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://esbardalladas.blogalia.com//trackbacks/11324

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2003-09-15 03:07

É dicir, unha menos.

Non é a primeira vez que insinúas non saber moi ben en que dirección levar esta bitácora. Persoalmente, non comparto o teu conflicto: non creo que por usar galego ou español tenhas que orientarte cara a uns temas ou outros. Que logo te lean ou non é cousa diferente. Un debe escribir, ante todo, para si mesmo; o que tenha que vir, xa virá logo. Eu sempre tiven claro que cando eu abrise a minha bitácora estaría escrita en galego. Sospeitaba que serían poucos, moi poucos, os que pasarían por ela a botar un vistazo, e máis dado que formaba parte dunha comunidade na que todas estaban escritas en castelán (e na que unha ampla maioría dos usuarios non son galego-falantes). Non me preocupei demasiado por iso: só me limitei a escribir e publicar algo todos os días. Pódese curiosear no meu contador para comprobar como varias veces non rexistrei máis de vinte e tantas visitas. E nunca me parei a pensar se debía meter haikus ou quitalos coa fin de que me vinhese máis xente a ler. Seguín facendo unicamente o que me petou. Hoxe tenho a satisfacción de saberme lido por un cento longo diario de persoas, dos cales a maioría son españois que non sendo de Galiza fan o esforzo de tratar de entender o que eu digo. Tenho a satisfacción de saber que hai xente en Brasil para a cal o meu blog foi o seu primeiro contacto coa lingua galega, e que me len en Portugal, e que entre eses dous países orixinan un 10% dos accesos ao blog. Iso son alicientes para eu seguir posteando a diario, pero de non ter sido así, seguiríao facendo. Porque a necesidade de escribir (e de escribir en galego) é minha, síntoa eu, á marxe da posível audiencia do meu labor.

Medita un pouco esa decisión, amigo.



2
De: Akin Fecha: 2003-09-15 04:41

Mr. Pawley, o problema non é que non saiba que escribir, senón que cando se me ocurre algo que poñer en letras tendo a facelo na miña bitácora en castelán. Non por que crea que alí teño mais visitas (algo que non me importa demasiado realmente) senón porque cando penso en algo que contar penso en a quen llo quero contar. Supoño que o que sí é certo é que non escribo polo pracer de escribir (iso fágoo de xeito privado en relatos que non saen á luz) senón que escribo para me comunicar con xente, sobre todo con xente á que coñezo. Non é que queira contar cousas (iso pasoume coa bitácora do Prestige ou coa do Protoastrónomo) senón que quero comunicarme cos amigos que están lonxe.

O problema real dista bitácora é que naceu por razóns equivocadas, naceu dun sentimento de culpa e non dun sentimento de ilusión. De ahí que non saiba moi ben que facer con ela.



3
De: Anónimo Fecha: 2003-09-15 05:21

O que non entendo é a razón de que, sendo galegofalante, sintas sempre que para comunicarte cos demais necesites facer uso do castelán. Porque imaxino que algúns ou moitos cos que queres comunicar falan español, pero tamén intúo que parte deles poderían chegar a ser capaces de entenderte en galego.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2003-09-15 05:23

O anónimo son eu



5
De: Vendell Fecha: 2003-09-15 05:49

A bitácora de Pawley é un bo exemplo de que non é necesario escribir na lingua común para comunicarse cos demáis. Hai moita xente disfrutando do galego de Pawley (e mesmo do séu aquí, Akin) que non se tería achegado a nosa lingua de non existir estas bitácoras.



6
De: Anónimo1 Fecha: 2003-09-15 07:19

¿No será que simplemente se le acabó la cuerda?
Otro que cae al hoyo de la blogoesfera.
De cualquier modo es mejor cerrar que no tener nada que decir y obligarse a escribir sin nada que comunicar. Le felicito pues por su sabia decisión.



7
De: Anónimo Fecha: 2006-08-30 19:45

jojijujujijijojojojijijuju



8
De: Anonimoooooooojijijooojiji Fecha: 2007-03-20 15:09

tuuuuupiutamaaaadresoloagoestoooooparadarmiopinioooooooooonsobreestamieeeerdaporquenotienehaikuuuuuuuuus




Cosas viejas
<Agosto 2022
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Documentos

Categorías

Blogalia

Blogalia

© akin